O Wellington Regional Stadium (coñecido comercialmente como Sky Stadium mediante dereitos de nome), anteriormente coñecido como Westpac Stadium, é un estadio da cidade de Wellington (Nova Zelandia). Está adicado principalmente á práctica do rugby e do fútbol. Debido á súa forma, é coñecido coloquialmente como The Cake-Tin (Envoltorio de Pastel) noutras partes de Nova Zelandia, aínda que a xente da cidade o coñece simplemente como The Stadium (O Estadio). Os seareiros do equipo de fútbol Wellington Phoenix refírense ao campo como O Anel de Lume. Foi construído en 1999 por Fletcher Building,.

Foi construído para substituír o antigo Athletic Park, que deixou de considerarse axeitado para eventos internacionais debido á súa localización e o seu estado de deterioración. Tamén foi construído para proporcionar un escenario de maior capacidade para eventos como o Día Internacional do Crícket.

Copa do Mundo de Rugby 2011

Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputaran nel 8 dos encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011. Deses 8 partidos, 6 foron pertencentes á fase de grupos e 2 aos cuartos de final.

Fase de grupos 11 de setembro de 201120:3020px Suráfrica17-1620px GalesWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Wayne Barnes (ING) 17 de setembro de 201118:0020px Suráfrica49-320px FidxiWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Romain Poite (FRA) 23 de setembro de 201120:3020px Australia67-520px Estados UnidosWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Nigel Owens (GLS) 25 de setembro de 201120:3020px Arxentina13-1220px EscociaWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Wayne Barnes (ING) 1 de outubro de 201118:0020px Francia14-1920px TongaWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Steve Walsh (AUS) 2 de outubro de 201115:3020px Nova Zelandia79-1520px CanadáWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Romain Poite (FRA) Cuartos de final 8 de outubro de 201118:0020px Irlanda14-1920px GalesWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Craig Joubert (RSA) 9 de outubro de 201115:3020px Suráfrica9-1120px AustraliaWestpac Stadium, WellingtonÁrbitro: Bryce Lawrence (NZL)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Estadios de rugby de Nova Zelandia Categoría:Estadios de fútbol de Nova Zelandia