Some Loud Thunder é o segundo álbum da banda estadounidense de indie rock Clap Your Hands Say Yeah. Foi editado o 29 de xaneiro do 2007 no Reino Unido e un día despois nos Estados Unidos, aínda que a xente que o pre-ordenou tívoo dispoñible como descarga legal o 16 de xaneiro. O disco foi producido por Dave Fridmann, coñecido polo seu traballo con Mercury Rev e The Flaming Lips.

O álbum estreouse no número 47 da lista Billboard 200, ao vender 19.000 copias na súa primeira semana. O tema "Satan Said Dance" foi elixida a 95 mellor canción do 2007 pola revista Rolling Stone.

Listaxe de cancións Todos os temas composos por Alec Ounsworth, agás onde se indique.

"Some Loud Thunder" "Emily Jean Stock" "Mama, Won't You Keep Them Castles in the Air and Burning?" "Love Song No. 7" "Satan Said Dance" "Upon Encountering the Crippled Elephant" "Goodbye to Mother and the Cove" (Ounsworth, Tyler Sargent, Sean Greenhalgh) "Arm and Hammer" "Yankee Go Home" "Underwater (You and Me)" "Five Easy Pieces" "The Sword Song" (canción extra na edición xaponesa e en iTunes)

Categoría:Álbums de Clap Your Hands Say Yeah Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums producidos por Dave Fridmann