miniatura|250px|Logo de Angry Birds. Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme. En xaneiro de 2014 a franquía sumaba máis de 2 billóns de descargas en tódalas plataformas, incluíndo as edicións normais e as especiais: e en xullo de 2015, a serie de videoxogos tiña tres billóns de descargas colectivas, converténdose na serie de videoxogos máis descargada de tódolos tempos. O Angry Birds orixinal está considerado como "un dos xogos máis populares do momento", "one of the great runaway hits of 2010", e "o meirande éxito dunha aplicación móbil que vira o mundo". The Angry Birds Movie é un filme baseado na serie de xogos que se estreou por Columbia Pictures o 20 de maio de 2016, e a secuela do primeiro título da serie, Angry Birds 2, foi estreado o 30 de xullo de 2015.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Official website Versión de balde para Chrome
Categoría:Series de videoxogos Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Finlandia