Mario Franco Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1934, é un escritor galego.

Traxectoria Obtivo o título de Bacharel na Academia Minerva, hoxe Colexio Peleteiro, no 1951. Traballou na pesca do bacallau nesa mesma década, emigrando a Venezuela no 1959. Comezou a escribir en 2004, xa xubilado, sobre as súas experiencias vitais. Casou con Prudencia Uría e tiveron cinco fillos, dous nenos e tres nenas.

Obras Narrativa Terranova. Memorias dun mariñeiro, 2004, Toxosoutos. A derradeira campaña do capitán Samuel, 2007, Toxosoutos. A capela maldita, 2008, Toxosoutos. A liberdade perigosa, 2014, Punto Rojo Libros. A volta e outros relatos, 2018, Fervenza A espada máxica, 2019, Fervenza

Teatro Os asesores, 2018, Fervenza

Premios Gañador da VI edición do Certame Avilés de Taramancos no 2007, por A derradeira campaña do capitán Samuel. Gañador da VII edición do Certame Avilés de Taramancos no 2008, por A capela maldita.

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1934