O Condado de Berat (en albanés Qarku i Beratit) é un condado da Albania. Segundo o censo do 2001 tiña unha poboación de 193.020 habitantes, cunha previsión para o 2010 de 170.845 habitantes.Unidades administrativas de Albania - GeoHive Ten unha área de 1.818,09 km2. A súa capital é a cidade de Berat.

Distritos e concellos O condado de Berat está divido administrativamente en tres distritos, que á súa vez se subdividen en 25 concellos, sendo 5 concellos bashkia, indicados con (*) na lista abaixo, e 20 concellos komuna:

Berat Berat* Cukalat Kutalli Lumas Otllak Poshnjë Roshnik Sinjë Tërpan Urë Vajgurore* Velabisht Vërtop

Kuçovë Kozarë Kuçovë* Perondi

Skrapar Bogovë Çepan Çorovodë* Gjerbës Leshnjë Poliçan* Potom Qendër Vëndreshë Zhepë

Notas

Berat