Prudencio Canitrot Mariño, nado en Pontevedra en xaneiro de 1883 e finado en Madrid o 24 de xaneiro de 1913, foi un pintor, ilustrador e xornalista galego.

Traxectoria Sobriño de José Millán. Tiña interese pola pintura e empezou a pintar e cando tiña 16 anos fixo os seus primeiros óleos en Pontevedra, logo tivo un estudio e co tempo decidiu marchar para converterse en artista. Destacou como paisaxista e ilustrou varios libros da súa época. Estivo dous anos percorrendo Portugal e Francia ata chegar a Madrid a finais de 1903. Abandonou a pintura para dedicarse á literatura e ao xornalismo. Colaborou en La Correspondencia Gallega. Foi corrector da obra de Rosalía de Castro. Entre as súas obras destacan San Benito de Lérez, Unha romería en Galicia e Paisaje de las cercanías de Pontevedra. Por afinidade artística pode incluírse na Xeración Doente. Foi premiado polos seus relatos polas revistas Galicia e El Liberal. Organizou a primeira Exposición de Pintura Gallega (Madrid, 1912). Dirixiu, xunto a Luis Antón del Olmet, a "Biblioteca de Escritores Gallegos" e colaborou nas principais revistas españolas e americanas como Suevia. Tamén participou no Rexionalismo galego en 1910 cando coñeceu a Basilio Álvarez e implicouse con Acción Gallega facendo campaña pola redención foral.

Obras miniatura|El camino de Santiago (1909) Cuentos de abades y aldeas, 1909. El Camino de Santiago, 1909. Rías de ensueño. Impresiones de Galicia, 1910. Ruínas, 1910. Suevia, 1911. "Epílogo sentimental" no v. IV das Obras completas de Rosalía de Castro, 1912. La última pirueta, 1913. La luz apagada, 1914. El señorito rural. Tragedias ridículas y otras narraciones.

Véxase tamén

Bibliografía

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Ligazóns externas

"Prudencio Canitrot morreu moi novo, eso impediu que fose recoñecido como merece" Faro de Vigo, 20/1/2013.

Notas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1913 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega