A estaquiosa é un oligosacárido de catro unidades (tetrasacárido) formado por dúas unidades de α-D-galactosa, unha de α-D-glicosa, e outra de β-D-frutosa unidas secuencialmente polos enlaces O-glicosídicos gal(α1→6)gal(α1→6)glc(α1↔2β)fru. A estaquiosa atópase na natureza en numerosos vexetais, por exemplo, feixóns verdes ou fabas de soia. O nome procede da planta lamiácea Stachys tuberifera, propia de Asia oriental, que contén moita estaquiosa.

A estaquiosa é menos doce ca a sacarosa, aproximadamente o 28% ca esta a igual peso. Úsase principalmente como un edulcorante FAO (1997) Annex 2 - Background information - Carbohydrates in human nutrition. FAO Food and Nutrition Paper. Report of a Joint FAO/WHO Expert Consultation Rome, 14-18 April 1997. ISBN 92-5-104114-8 a granel polas súas propiedades funcionais como oligosacárido. A estaquiosa non é completamente dixerible polos seres humanos e proporciona de 1,5 a 2,4 kcal/g (equivalentes a de 6 a 10 kJ/g); a maior parte chega ao colon, onde é fermentada polas bacterias, polo que pode producir gases.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ChemSub Online: Stachyose

Categoría:Carbohidratos Categoría:Oligosacáridos Categoría:Adozantes