O Gran Premio da Arxentina foi unha carreira do campionato de Fórmula Un, que se celebrou de forma intermitente desde a . A pesar de que xa non está no calendario de Fórmula Un, a carreira ten unha historia longa e variada. O presidente arxentino Juan Domingo Perón foi o impulsor da creación do circuíto, logo de ver o éxito do seu compatriota Juan Manuel Fangio.

Construído nun pantano nos arredores de Buenos Aires en 1952, o "Autódromo", como era coñecido, ten un arco branco dedicado á memoria do Almirante Guillermo Brown (William Brown). O circuíto inaugurouse en marzo de 1952 cunha carreira da "Copa Perón", que foi gañada por Fangio. En , o Autódromo acolleu a primeira carreira de Fórmula Un celebrada fóra de Europa. A carreira viu a Fangio retirarse co seu Maserati logo de 36 voltas debido a un fallo na transmisión; a vitoria de Alberto Ascari para Ferrari viuse ensombrecida por un accidente no que morreron nove persoas.

Ao ano seguinte, Fangio puido chegar ao chanzo máis alto do podio, ao gañar o Gran Premio do seu país no seu segundo intento, ía a gañar tres dos próximos catro Grandes Premios da Arxentina. En , Stirling Moss acadou a vitoria, na que sería a penúltima carreira na distinguida carreira de Fangio. Co seu retiro, e co exilio de Perón (en 1955) que leva a varios gobernos inestables, o Gran Premio da Arxentina desapareceu do calendario da F1 en por máis dunha década.

Unha carreira non de campionato de Fórmula Un celebrouse en Bos Aires en 1971, gañou Chris Amon en dúas series. En o Gran Premio da Arxentina regresou ao Campionato Mundial, con Carlos Reutemann como novo heroe arxentino. Reutemann acadou a 'pole position' no seu debut no campionato do mundo, converténdose no segundo piloto en lograr esta fazaña. A carreira foi gañada polo campión do mundo Jackie Stewart. O Gran Premio permaneceu na Arxentina ata . Pero a carreira de foi cancelada debido á invasión da Arxentina das Illas Malvinas e o repentino retiro de Reutemann tras o Gran Premio do Brasil de 1982.

Un consorcio privado, comprou o circuíto en 1991 e comezou a melloralo. Conseguen entrar no calendario de . Pero a carreira (para outubro) foi abortada para continuar coa modernización. O Gran Premio da Arxentina regresou en , coa vitoria de Damon Hill. Hill, ía gañar de novo a carreira en , (a tempada do seu campionato), e en Jacques Villeneuve gañou a carreira tamén na tempada que gañou o seu campionato. Por desgraza, os organizadores do evento tropezaron con dificultades financeiras, e a carreira de foi a última edición do Gran Premio da Arxentina, coa vitoria de Michael Schumacher, no seu noveno triunfo para Ferrari.

A carreira celebrouse en 4 configuracións diferentes da mesma pista (que foi renomeada ao longo dos anos). De 1953 a 1960 a carreira correuse na configuración "Nº 2" , cunha combinación de curvas rápidas e amplas seccións estreitas e reviradas na zona do estadio. En a carreira correuse en sentido antihorario, pero todas as carreiras posteriores leváronse a cabo no sentido das agullas do reloxo. De a a carreira levouse a cabo na configuración "Nº 9" , máis ou menos a mesma que a configuración "Nº 2", pero a "Horquilla" fíxose máis apertada e máis curta. De a a carreira correuse na configuración "Nº 15", a configuración máis longa e rápida, cunha sección que combina dúas curvas rápidas sucesivas dereita esquerda con dúas longas rectas e unha terceira curva espectacularmente longa e ancha (chamada Curvon) combinada coa sección interior da última configuración "nº 9". E logo de 1995 ata 1998 a carreira levouse a cabo na revirada configuración "Nº 6" utilizando só a sección interior e unha chicane que aseméllase a unha "S" de Ayrton Senna.

A carreira prevista para , foi cancelada antes do inicio da tempada, deixando un espazo de 5 semanas entre as dúas primeiras carreiras do campionato de .

Gañadores

Gañadores múltiples (pilotos)

Nº de vitorias Piloto Tempada 4 Juan Manuel Fangio 1954, 1955, 1956, 1957 2 Emerson Fittipaldi 1973, 1975 Damon Hill 1995, 1996

Gañadores múltiples (construtores)

En negra Construtores que seguen competindo no campionato de Fórmula Un.

Nº de vitorias Piloto Tempada 4 Williams 1980, 1995, 1996, 1997 3 Ferrari 1953, 1956, 1998 2 Maserati 1954, 1957 Cooper 1958, 1960 McLaren 1974, 1975 Lotus 1973, 1978

Por Ano

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Michael Schumacher Ferrari Buenos Aires No.6 Resultados Jacques Villeneuve Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados Damon Hill Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados Damon Hill Williams-Renault Buenos Aires No.6 Resultados - Non celebrado Nelson Piquet Brabham-Ford Buenos Aires No.15 Resultados Alan Jones Williams-Ford Buenos Aires No.15 Resultados Jacques Laffite Ligier-Ford Buenos Aires No.15 Resultados Mario Andretti Lotus-Ford Buenos Aires No.15 Resultados Jody Scheckter Wolf-Ford Buenos Aires No.15 Resultados Non celebrado Emerson Fittipaldi McLaren-Ford Buenos Aires No.15 Resultados Denny Hulme McLaren-Ford Buenos Aires No.15 Resultados Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Buenos Aires No.9 Resultados Jackie Stewart Tyrrell-Ford Buenos Aires No.9 Resultados Chris AmonMatraBuenos Aires No.9Resultados - Non celebrado Bruce McLaren Cooper-Climax Buenos Aires No.2 Resultados Non celebrado Stirling Moss Cooper-Climax Buenos Aires No.2 Resultados Juan Manuel Fangio Maserati Buenos Aires No.2 Resultados Luigi Musso Juan Manuel Fangio Ferrari Buenos Aires No.2 Resultados Juan Manuel Fangio Mercedes Buenos Aires No.2 Resultados Juan Manuel Fangio Maserati Buenos Aires No.2 Resultados Alberto Ascari Ferrari Buenos Aires No.2 Resultados

Notas

Arxentina Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos