Brasilino Honorio Álvarez Sobrino, nado na Guarda o 27 de xullo de 1894 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un político republicano galego.

Traxectoria Marchou moi novo para Porto Rico, en San Xoán traballou como comerciante e afiliouse a unha loxa masónica co nome simbólico Curros Enríquez. Foi un dos fundadores da Agrupación Republicana da Guarda. Elixido concelleiro da Guarda en 1931. Foi militante de Izquierda Republicana e despois fundador e presidente do Partido Galeguista da Guarda. Foi elixido alcalde da Guarda o 15 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República. Acusado de rebelión militar, foi fusilado na alameda de Tui.Xesús Alonso Montero: "Curros Enríquez, fusilado no 36", en La Voz de Galicia 7.04.2023.

Recoñecementos Unha rúa no seu concello natal da Guarda leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Breve biografía e documentos

Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Galegos de Porto Rico

Categoría:Masóns de Galicia

Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes