O Gran Premio de Marrocos (en ) foi un Gran Premio de automobilismo iniciado en 1925 en Casablanca, Marrocos coa denominación oficial de "Gran Premio de Casablanca".
Historia
En 1930 a carreira celebrouse no novo Circuíto de Anfa Cobrouse a vida do piloto conde Bruno d'Harcourt durante unha sesión de práctica. Todos os gañadores, de automóbiles de turismo, eran francéses ou de Mónaco.
Non houbo carreira en 1933, nin entre os anos 1935 e 1953. Cando volveu en 1954, levouse a cabo nun circuíto para automóbiles deportivos na cidade de Agadir, e o dominio francés viuse interrompido por un piloto italiano, Giuseppe Farina.
Un novo deseño en Ain-Diab preto de Casablanca, foi preparado para o Gran Premio de Marrocos de 1957 de Fórmula Un unha carreira que, aínda que non contaba para o Campionato Mundial, atraeu aos mellores pilotos de clase mundial do momento.
Ao ano seguinte, a carreira foi declarada oficial e levouse a cabo o 19 de outubro de 1958. A carreira viuse lixada pola morte de Stuart Lewis-Evans (o segundo na carreira de 1957) que morreu nun hospital de Londres a causa das queimaduras, seis días logo de estrelarse no poeirento circuíto. O seu Vanwall gripou o motor (posiblemente por mor do po) e mandouno dando tombos ás barreiras a alta velocidade, prendendo o seu coche en chamas. Este foi o último Gran Premio organizado en Marrocos.
Gañadores do Gran Premio de Gran Marrocos O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Ano Piloto Construtor Categoría Circuíto Resultados Stirling Moss Vanwall Fórmula 1 Ain-Diab Resultados 1957 Jean Behra Maserati Fórmula 1 Ain-Diab Resultados 1956 Maurice Trintignant Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados 1955 Mike Sparken Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados 1954 Giuseppe Farina Ferrari Automóbiles deportivos Agadir Resultados 1953-1935 Non celebrado 1934 Louis Chiron Alfa Romeo Automóbiles de turismo Anfa Resultados 1933 Non celebrado 1932 Marcel Lehoux Bugatti Automóbiles de turismo Anfa Resultados 1931 Stanisław Czaykowski Bugatti Automóbiles de turismo Anfa Resultados 1930 Charles Bénitah Amilcar Automóbiles de turismo Anfa Resultados 1929 Non celebrado 1928 E. Meyer Bugatti Automóbiles de turismo Casablanca Resultados 1927 G. Roll Georges Irat Automóbiles de turismo Casablanca Resultados 1926 R. Meyerl Bugatti Automóbiles de turismo Casablanca Resultados 1925 Comte de Vaugelas Delage Automóbil de turismo Casablanca Resultados
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos