Jorge Canda Martínez, nado na Lama en 1953 e falecido en Pigarzos (A Lama) o 1 de setembro de 2024, foi un político galego, que foi alcalde da Lama.

Traxectoria Axente de seguros de profesión, comezou militando no CDS en 1986, e foi candidato por este partido en 1987. Posterioremente, pasou ao PSdeG-PSOE, e nas eleccións municipais de 1991 quedou a trece votos de lograr a alcaldía. A vara de mando conseguiuna nas de 1995 encabezando a lista do PSdeG-PSOE coma independente, e logo de chegar a un pacto cunha forza independente. Nas municipais de 1999, encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou a maioría absoluta, co que continuou como alcalde.

Posteriormente, Jorge Canda e todo o seu equipo de goberno abandonaron o PSdeG e pasaron ao grupo mixto e, en 2002, formalizaron o seu ingreso no PPdeG. Nas municipais de 2003 encabezou a lista do PPdeG, coa que foi reelixido por maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas sucesivas eleccións, incluíndo as de 2019. Ademais, foi deputado na Deputación de Pontevedra entre 2015 e 2017, na oposición.

Para as eleccións de 2023, foi substituído na candidatura do PPdeG por David Carrera Cal, se ben permaneceu traballando no concello como concelleiro. Faleceu pouco máis dun ano máis tarde.

Vida persoal Estivo casado e enviuvou ao pouco de deixar a alcaldía.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Lama

Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes da Lama Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados na Lama Categoría:Nados en 1956

Categoría:Finados en 2024

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes