Carlos Alonso del Real Ramos, nado en Madrid o 2 de maio de 1914 e finado o 11 de xaneiro de 1993, foi catedrático de Prehistoria e Etnografía ligado a Galiza.
Traxectoria Cursou os seus estudos superiores na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid (1931-1936). Doutorouse en Filoloxía Clásica en 1940. Foi profesor de latín no Instituto Cardeal Cisneros (1939), e de aí pasou á Universidade de Madrid, onde ensinou Historia Primitiva e lingua grega (1939-1941), ademais de exercer como conservador do Museo do Seminario de Historia Primitiva desde 1942 até 1954.
En 1954 pasou a ostentar a cátedra de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi vicedecano da Facultade de Filosofía e Letras desde 1956 a 1965. Cultivou o xornalismo entre os anos 1937 e 1955.
Foi académico correspondente da Real Academia da Historia e colaborou co Instituto de Estudos Políticos. Pertenceu á Orde de Mehdauia, á de Cisneros e contou con varias condecoracións por méritos de guerra. Estivo casado con María Ana Manteola Cabeza.
Tamén escribiu en lingua galega, como no caso dun prólogo para o libro Fala o fistor e fáise o dia, de Martine Roux.
Véxase tamén Bibliografía Alonso del Real, C. 1991. La prehistoria. Ciclo de conferencias para doctorado. Pontevedra, Deputación Provincial. Rodríguez Casal, A. (coord.) 1996. Humanitas. Estudios en homenaxe ó Prof. Carlos Alonso del Real. Santiago, Universidade de Santiago de Compostela. 2 vols.
Ligazóns externas Biografía e bibliografía Otra vez Ortega, texto de Carlos Alonso del Real.
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Prehistoriadores Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid