Pablo Cobián Fernández de la Fuente, nado en Oleiros o 22 de marzo de 1962, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Pablo Cobián naceu en Oleiros en 1962. Cursou os seus estudos nos Xesuítas e no Masculino da Coruña. Estudou inglés en Londres, onde deu os seus primeiros pasos profesionais. Ó seu regreso creou a súa propia empresa e completou a súa formación no negocio do seguro e asesoramento de empresas.
Militante de Novas Xeracións desde os anos setenta, foi candidato á alcaldía de Oleiros polo PPdeG en 2003 e 2007 e voceiro municipal do PPdeG. Dende 2007 foi deputado provincial. En 2009 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña. O 4 de outubro de 2011 dimitiu como deputado e concelleiro de Oleiros, logo de que Jorge Dorribo, propietario de Nupel, o vinculase con supostos pagos ilegais, no marco da Operación Campión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no Parlamento de Galicia Pablo Cobián, candidato del PP en Oleiros
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes