Mira Furlan, nada o 7 de setembro de 1955 en Zagreb e finada nos Ánxeles o 20 de xaneiro de 2021, foi unha actriz e cantante croata radicada nos Estados Unidos.
Traxectoria Furlan naceu no seo dunha familia cun gran número de profesores universitarios en Zagreb, que entón formaba parte da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia (na actualidade, capital de Croacia). Súa nai era croata-xudía e seu pai de orixe eslovena-croata.
Graduouse na Academia de Artes Dramáticas en Zagreb e conseguiu un título universitario, equivalente a un B.F.A., en teatro
Foi membro do Teatro Nacional Croata e apareceu con frecuencia en filmes e televisión iugoslava, incluíndo a obra gañadora do Festival de Cannes en 1985, Otac na službenom putu.
Por mor das circunstancias políticas na súa terra natal, emigrou ós Estados Unidos xunto co seu marido, Goran Gajić, en novembro de 1991.
Fíxose coñecida nos Estados Unidos por interpretar o papel de Delenn, a embaixadora Minbari, nos 111 episodios da serie de televisión de ciencia ficción Babylon 5 (1993-1998) e nas dúas películas de televisión. O recoñecemento internacional chegoulle da man do papel de Danielle Rousseau na serie de televisión da ABC Lost, interpretado entre 2004 e 2010.
En 1998, publicou Songs From Movies That Have Never Been Made, un CD que suspuxo a súa incursión na música como cantante.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Oficial Ficha na IMDb
Categoría:Actores de Croacia Categoría:Nados en Zagreb Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2021