A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao.San Julián de Ferrol, un patronazgo confuso Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.
Historia O templo foi proxectado polo enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort a partir do ano 1763, e comezouse a construír en 1765 sobre os restos dunha antiga igrexa románica, sendo finalizado en 1772. Este templo estaba proxectado para a nova barriada que se levantaba na cidade de Ferrol. En 1959, mediante unha bula de Xoán XXIII acadou a categoría de concatedral o 9 de marzo, o motivo polo cal acadou a categoría de concatedral e non de catedral foi porque na súa mesma diocese xa había outra catedral, a catedral de Mondoñedo.
Descrición Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. O templo presenta a peculiaridade de ter a súa planta en forma de cruz grega e non latina como é habitual. Está cuberta cunha gran cúpula, que non se deixa ver ao exterior. Ten capelas laterais e unha fachada principal flanqueada por dúas torres rematadas por cúpulas. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Concatedral de San Xiao en Turgalicia.
Ferrol Categoría:Arquitectura en Ferrol Categoría:Igrexas católicas de Galicia