Alikovo (en ruso: Аликово; en chuvaxo: Элĕк, Ėlek) é unha localidade rural (segundo a división administrativa rusa, un selo), que ademais é o centro administrativo do distrito de Alikovo, situado na República dos Chuvaxos, Rusia, que se atopa a 67 quilómetros ó sur de Cheboksary.

Xeografía O río Abašyrma discorre preto de Alikovo e a aldea máis próxima é Siner.

Clima O clima do poboado é continental, con invernos fríos e longos e veráns cálidos. A temperatura media en xaneiro é de -12,9 °C; a temperatura media en xullo é 18,3 °C. A temperatura mínima rexistrada foi de -44 °C e a máxima de 37 °C. As precipitacións anuais medias son de 552 milímetros.

Infraestruturas miniatura|esquerda|Tenda na cidade. A maioría dos 2 500 habitantes desta localidade son de etnia chuvaxa. As infraestruturas do poboado inclúen un centro cultural, un teatro, unha biblioteca, clínicas médicas e varias tendas. Tamén hai unha oficina de correos, un estadio, un restaurante e cafés, e varias gasolineiras. O mercado abre os xoves. Ha dous parques, o parque central e outro adicado a Andriyan Nikolayev.

Educación Centros educativos que se atopan en Alikovo constan dunha escola media e dunha escola de música.

Cultura Os recursos culturais inclúen un museo, un teatro, unha orquestra de veteranos, unha banda de música escolar e un coro. No verán celébrase o festival Internacional Chuvaxo Vir'yal shevlisem (en galego, filloas de Vir'yal).

Economía A economía de Alikovo está representada por oficinas de bancos e de compañías de seguros, oficinas de compañías de telecomunicacións e compañías de construción.

Véxase tamén Bibliografía L. A. Yefimov, Элĕк Енĕ (en galego, Distrito Alikovsky), Alikovo, 1994. Yefimov L.A., Yefimov E.L., Ananyev A.A., Terentyev G.K, Аликовская энциклопедия (en galego, Enciclopedia do Distrito Alikovsky), Cheboksary, 2009, ISBN 978-5-7670-1630-3.

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:República dos Chuvaxos