Valdivia é unha comuna, cidade e un municipio chileno da provincia de Valdivia, que tamén é capital da XIV rexión de Los Ríos. A cidade é situada na costa do Pacífico, nas proximidades do Río Calle-Calle. Valdivia dista uns 841 km da urbe de Santiago de Chile.

Historia O primeiro gobernador de Chile, Pedro de Valdivia, enviou ao almirante Juan Bautista Pastene á zona, quen explorou a baía de Corral no 1544, e logrou bautizar a zona co nome do seu superior. Máis tarde, o 9 de febreiro de 1552, Valdivia fundou a cidade co nome de Santa María la Blanca de Valdivia sobre unha aldea indíxena chamada Ainil. No 1598, despois do desastre de Curalaba, Valdiva foi abandonada e destruída polos nativos huilliches. Foi repoboada en 1645, pero os arredores foron controlados polos indíxenas Lafkenche-huilliche.

A cidade creceu e formouse un importante porto, o seu río é un dos poucos ríos navegables do país, e na época, Valdivia foi a cidade máis austral de Chile con numerosos e ben equipados fortes militaresValdivia entre Ríos y Piratas, gochile.cl - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 . No 1821 foi capturada polos independentistas de Chile. Na época, foi lanzada oficialmente a colonización alemá e no 1850 chegan os primeiros á zona impulsando a industrialización. Tamén queimaron grandes áreas de pluviselva valdiviana para conseguir terras agrícolas. En 1909, un grande incendio destruíu o centro da cidade que logo foi reconstruídoLa historia y las imágenes del gran incendio que destruyó Valdivia hace 100 años, Cultura, latercera.com - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 . O 1960, o 22 de maio foi rexistrado o terremoto máis forte na historia da Terra, cunha magnitude é de 9,5 Richter (Terremoto de Chile de 1960), que destruíu o 40% da cidade. Desde o 2 de outubro de 2008, entrou en vigor a nova rexión chilena de Los Ríos XIV, da cal Valdivia é capital.

Galería de imaxes

Cidades irmandadas Hamburgo Mount Pleasant (Míchigan) Tacoma (Washington) Cluj-Napoca Neuquén, Arxentina

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rexión de Los Ríos Ligazóns externas Municipalidad de Valdivia .

Categoría:Cidades de Chile