O ch'ol ou chol, é unha lingua maia falada polos pobo ch'ol, que habitan principalmente no estado mexicano de Chiapas (sobre todo nos municipios de Tumbalá, Yajalon, Tila, Sabanilla, Salto de Agua, Playas de Catazaja' e Palenque), existindo tamén unha comunidade importante no municipio de Balancán, Tabasco. Pertence ao grupo ch'ol da familia maia. Sostívose, que esta lingua, xunto co chontal e o ch’olti’, estaría relacionada coa lingua maia clásica.Houston, S., O. Chinchilla, Stuart D. "The Decipherment of Ancient Maya Writing", U. of Oklahoma Press, 2001.

No ch'ol pódense distinguir dous dialectos:

Ch'ol de Tila, falado por case 44 mil persoas, cun índice do 25% de monolingüismo. Esta variedade emprégase principalmente no municipio de Tila, en Chiapas. Ch'ol de Tumbalá, falado por 90 mil persoas no municipio de Tumbalá, tamén en Chiapas. O índice de monolingüísmo dos falantes desta variedade é do 30% aproximadamente.

Morfoloxía e sintaxe

O ch'ol, ao igual que as demais linguas maias, é unha lingua aglutinante, é dicir, que aglutina a un radical (verbo, substantivo ou adxectivo), marcas de axente (o que realiza a acción verbal), de suxeito (o posuidor do obxecto ou relación persoal), a través dun sistema de sufixos e prefixos.

Numerais O sistema de numeración do ch'ol é vixesimal (de base 20), como sucede nas outras linguas maias, e en xeral, nas linguas mesoamericanas. A razón obedece a que estas linguas basean o seu sistema numérico no número de dedos e dedas que ten o ser humano. Os vinte primeiros números son: 1 jump'ej 2 cha'p'ej 3 uxp'ej 4 chänp'ej 5 jo'p'ej 6 wäkp'ej 7 wukp'ej 8 waxäkp'ej 9 bolomp'ej 10 lujump'ej 11 junlujump'ej 12 cha'lujump'ej 13 uxläjump'e 14 chänlujump'ej 15 jo'lujump'ej 16 wäklujump'ej 17 wuklujump'ej 18 waxäklujump'ej 19 bolomlujump'ej 20 junk'al

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Centro Estatal de Lengua, Arte y Literatura Indígena, Chiapas, México Páxina Web do CELALI (en lingua ch'ol)

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes