Eliseo Fernández Gómez, nado o 2 de maio de 1950, é un empresario e político galego do PPdeG Traxectoria É industrial no sector do metal, dono dunha empresa de carpintaría metálica que leva o seu nome. Foi concelleiro no Pereiro de Aguiar (1983-1987). Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido alcalde do Pereiro de Aguiar por AP. Volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial (2003-2007). A finais de 2018 anunciou que non se presentaría á reelección e que deixaría o concello nas municipais de 2019..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Pereiro de Aguiar

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Alcaldes do Pereiro de Aguiar

Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1950