Francisco Magide Bizarro, nado en Parada de Sil en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE. Traxectoria Profesor do IES Otero Pedrayo de Ourense. Procedente do sindicalismo educativo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Parada de Sil e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Foi presidente da asociación de desenvolvemento rural do Sil-Bibei-Navea.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Parada de Sil

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Parada de Sil Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Parada de Sil Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria