miniatura|dereita|Estrutura química da isomaltosa.

A isomaltosa é un disacárido formado por dúas unidades de glicosa unidas por enlace O-glicosídico alfa(1, 6) . É similar á maltosa, pero esta ten enlaces alfa(1, 4), e á celobiosa, a cal ten enlaces beta(1, 4).

A isomaltosa está naturalmente presente na cervexa, urina, sangue, fígado, mel de abella (en certos meles como o mel de tileiro chega a haber dun 1,2 ao 1,6% ) e outras substancias. Pode obterse da hidrólise do amidón ou do glicóxeno. É un produto da caramelización da glicosa.Journal of Food Science, July 1966.

A isomaltosa é un sólido branco con aspecto de azucre de cana. É soluble en auga e redutora e moi pouco higroscópica . A isomaltosa non fermenta e non produce carie.

Metabolismo A dixestión do amidón dos alimentos por parte das amilases pancreática e salivar orixina a produción de maltosa e isomaltosa. Estes disacáridos son despois normalmente hidrolizados na luz intestinal polos encimas maltase e isomaltase. Pode existir intolerancia á absorción de isomaltosa debido á ausencia ou déficit nalgunhas persoas do encima isomaltase .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Disacáridos Maltosa Isomalt (isomaltitol ou isomaltosa hidroxenada)

Ligazóns externas COMPOUND: C00252 Isomaltose www.Genome.net GLYCAN: G01318 www.Genome.net Patente (WO/2003/033717) Processus de production d'isomaltose et d'isomaltitol et utilisation de ces composés.

Categoría:Carbohidratos Categoría:Disacáridos