Alberto Ramón Casal Arantes, máis coñecido como Casal, nado en Vigo o 22 de agosto de 1970, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro. Actualmente é o adestrador de porteiros do Deportivo da Coruña.

Traxectoria Como xogador Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo e xogou no Celta Turista, ademais de no Cultural Areas e o Gran Peña. Aos 24 anos marchou cedido ao Racing de Ferrol, en Segunda División B para a tempada 1994/95. Ao rematar o curso desvinculouse co Celta e asinou polo Racing por outra tempada. Con todo, no club ferrolán non dispuxo apenas de minutos fronte ao porteiro titular, Luis César Sampedro.

Na tempada 1996/97 pasou a xogar no CCD Cerceda ata que en abril de 1998 fichou como novo porteiro do Endesa As Pontes, que tiña lesionados os porteiros do primeiro equipo. En xuño de 1999 foi anunciado como novo porteiro do Club Deportivo Lugo. No club lucense, adestrado por Fabri, chegou a gañar a titularidade en detrimento do histórico porteiro Xosé Domínguez.

En 2001 incorporouse ao Atlético Arteixo, de Terceira División, club no que xogou dúas tempadas e que deixou para xogar no Racing Vilalbés de Rexional Preferente. Na tempada 2004-05 asinou polo Laracha, un recentemente ascendido á 3ª División, con José Luís Vara como adestrador. No club larachés gañou o trofeo ao porteiro menos goleado no seu primeiro ano e foi o segundo menos goleado no segundo ano, desempeño excepcional que lle serviu ao Laracha para rematar en 5ª e 3ª posición respectivamente. Con todo, no terceiro ano na categoría o club acabou descendendo, sendo esta a última tempada de Casal como xogador.

Adestrador de porteiros Ao deixar de xogar ao fútbol, ​​Casal pasou a exercer como adestrador de porteiros. Realizou dita función no Montañeros CF, Cidade de Santiago e Bergantiños FC, ata que en 2012 se incorporou á Ponferradina, en Segunda División. Tras seis anos no club berciano, en xullo de 2018 pasou ao Deportivo Fabril, do que se ocupou dous anos até agosto de 2020, cando foi anunciado como novo adestrador de porteiros do Deportivo da Coruña na súa nova etapa en Segunda División B.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas http://www.escueladeporteros.com/index.php?sec=entrenadores

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores do CD As Pontes Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Atlético Arteixo Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Xogadores do Laracha CF Categoría:Xogadores do Cultural Areas