José Antonio Cesáreo Franco Cerdeira, nado en Ortigueira o 23 de febreiro de 1939, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Ortigueira pola UCD, logo de obte-la vitoria por maioría simple. Nese mandato foi designado deputado provincial. eleccións municipais de 1983 encabezou a Candidatura Independente da Comarca Ortegana e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Posteriormente pasou a ser membro do Partido Demócrata Popular (PDP), e foi elixido deputado da Coalición Popular pola provincia da Coruña no Parlamento de Galicia na II lexislatura (1985-1990), polo cal tivo que renunciar á alcaldía. Volvería a ser elixido deputado polo Partido Popular de Galicia na III e IV lexislaturas (1990-1997). Durante ese tempo continuou como concelleiro en Ortigueira. Dimitiu en xuño de 1997 logo de coñecerse que cobrara indebidamente uns sete millóns de pesetas en soldos do Parlamento
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Ortigueira
Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia