Martín Barrós Novo, tamén coñecido como Neto, nado na Coruña o 30 de decembro de 1988, é un ex xogador de hóckey a patíns galego que xogaba de porteiro.
Traxectoria Martín Barrós comezou a práctica do hóckey a patíns no equipo do colexio herculino Dominicos, na tempada 2007-08 pasou ás filas do Patín Coruña (daquela en Primeira División Estatal. Tralo ascenso á OK Liga (tempada 2009-10) do CP Cerceda, Neto asinou co club cercedense, disputándose o posto de porteiro co catalán Xavi Malián. Co descenso de categoría do Cerceda e a fichaxe do asturiano Adrián Vallina, o porteiro coruñés tampouco puido disputar moitos minutos na segunda categoría do hóckey a patíns do Estado español. No verán do 2011 asinou polo A.C. Ordes que acababa de ascender á Primeira División, segunda categoría nacional.
A continuación regresou ao Cerceda e nos seguintes anos militou tamén no AFP Giovinazzo italiano, no Candelária portugués e no Saint-Omer francés. En 2020 regresou ao Dominicos, co que xogou na OK Liga Prata ata a súa retirada en 2026.
Véxase tamén
Ligazóns externas Martín Barrós en hoqueipatins.cat
Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Xogadores do CP Cerceda Categoría:Xogadores do AC Ordes Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1988 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes