10 Things I Hate About You foi unha serie de televisión estadounidense emitida na cadea ABC Family que comezou o 7 de xullo de 2009 a emitirse. A serie foi creada por Carter Covington e está baseada na película homónima de 1999. Tras ser emitidos os dez primeiros capítulos, o 11 de setembro anunciouse que se estaban gravando dez episodios máis.

O 29 de abril de 2010, o creador e produtor executivo Carter Covington, anunciou en Twitter que a serie fora cancelada polas malas audiencias obtidas na segunda parte da primeira temporada. O derradeiro episodio foi emitido o 24 de maio de 2010.

Sinopse A serie trata das irmás Stratford, que se mudan a California para iniciar unha nova vida co seu pai. Kat é unha feminista que respecta as regras; mentres que a súa irmá Bianca quere chegar a ser a rapaza máis popular da escola. O Dr. Walter é un pai sobreprotector con ámbalas fillas. Na escola, Kat coñece a que será súa mellor amiga Mandella, unha rapaza solitaria á que lle gusta facer graffitis. Tamén coñece a Patrick, un mozo problemático do que se namora aínda que non o dea recoñecido. Bianca coñece a Cameron, que se converte no seu mellor compañeiro, enamorándose este dela desde o primeiro momento. Tamén intenta ser a mellor amiga de Chastity, a moza máis popular e a filla do superintendente do colexio.

Elenco Principais Lindsey Shaw como Kat Stratford. Meaghan Jette Martin como Bianca Stratford. Larry Miller como Dr. Walter Stratford. Ethan Peck como Patrick Verona. Nicholas Braun como Cameron James. Dana Davis como Chastity Church.

Secundarios Chris Zylka como Joey Donner. Kyle Kaplan como Michael Bernstein. Ally Maki como Dawn. Jolene Purdy como Mandella. Suzy Nakamura como Principal Holland. Leslie Grossman como Ms. Darlene Tharpe. Barret Swatek como Ms. Somers. Jack Salvatore Jr. como Brad. Justin Lee como Charlie Woo. Cody McMains como Keith. Ashley Jackson como Tabitha Cook. Benjamin Stone como William "Blank" Blankenship.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2009 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2010