Edmond Eugène Alexis Rostand, nado en Marsella o 1 de abril de 1868 e finado en París o 2 de decembro de 1918, foi un dramaturgo neorromántico francés.

Traxectoria É famoso pola súa obra sobre a figura de Cyrano de Bergerac estreada en París en 1897 no Théâtre de la Renaissance. Esta obra tivo un importante éxito dende as súas primeiras representacións e perviviu como un clásico do teatro francés ata os nosos días. A obra de Rostand asóciase co neorromanticismo. As súas obras románticas proporcionaban unha alternativa ao teatro realista popular durante o final do século XIX.

Véxase tamén

Ligazóns externas Obras de Edmond Rostand no Proxecto Gutenberg

Categoría:Dramaturgos de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en Marsella Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1918