O Bandırma Basketbol İhtisas Kulübü foi un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Bandırma. Ao finalizar a temporada 2019−20 o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto turco, debido a problemas financeiros. O seu maior éxito foi o título de Copa obtido no ano 2017.

Historia O club fundouse en 1994 polos traballadores da empresa cárnica Banvit, e até o ano 2001 xogou en competicións rexionais. Ao ano seguinte xogou na TBL2, a segunda competición do país, acabando no cuarto lugar do gurupo B. En 2004 alcanzan a primeira posición, ascendendo á TBL1.

Desde entón mantivéronse na máxima competición turca, xogando competicións europeas, conseguindo o seu maior logro en 2005, cando se clasificaron para a Final Four da FIBA Eurocup, perdendo en senifinales contra o que finalmente sería o campión, o CSU Asesoft Ploiesti de Romanía. O 1 de xuño de 2019, o Banvit cambiou o nome do equipo a Bandırma B.İ.K. Ao finalizar a temporada 2019−20, o 21 de agosto, o club anunciou a renuncia á súa praza na Basketbol Süper Ligi debido a problemas financeiros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Bandirma