A Beira Interior Norte é unha subrexión estatística portuguesa, parte da Rexión Centro e do Distrito da Guarda.

Limita ao norte coa Subrexión de Douro, ao leste con España, ao sur con Beira Interior Sur e con Cova da Beira e ao oeste con Serra da Estrela e con Dão-Lafões.

Ten unha superficie de 4251 km² e unha poboación de 108 006 habitantes (estimación de 2009Instituto Nacional de Estatística; Estimativas de População Residente, Portugal, NUTS II, NUTS III e Municípios – 2009 ).

Comprende 9 concellos:

Almeida Celorico da Beira Figueira de Castelo Rodrigo Guarda Manteigas Mêda Pinhel Sabugal Trancoso

Destes son cidades Guarda (capital de distrito), Pinhel, Trancoso, Mêda e Sabugal.

Notas

Categoría:NUTS III portuguesas