Eduardo Lence-Santar Guitián, nado en Mondoñedo o 16 de xullo de 1879 e finado na mesma vila o 14 de xaneiro de 1960, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Placa na súa casa natal.
Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917, sendo o primeiro en exercer este cargo. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917 e un dos asinantes do manifesto da I Asemblea Nacionalista convocada polas Irmandades da Fala. Dirixiu Mondoñedo e colaborou en periódicos de Galicia e da Habana e Bos Aires como La Voz de Mondoñedo, Vallibria, El Eco de Vivero, El Compostelano, El Eco de Santiago, El Ideal Gallego, El Regional e El Eco de Galicia.
Foi correspondente da Real Academia Galega e recibiu en 1949 a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio.
Obras Mondoñedo, 1907. El santuario de los Remedios de Mondoñedo, 1909. El seminario de Mondoñedo, 1909. El convento de la Concepción de Mondoñedo, 1910. El convento de Villanueva de Lorenzana y San Francisco de Vivero, 1910. Del obispado de Mondoñedo, 1915. Esta obra esta composta de tres tomos. El mariscal Pardo de Cela. La Santa Hermandad, 1930. Los gremios de Mondoñedo, 1953. Poesía galega (póstumo, publicado en 1999). Etnografía mindoniense (póstumo, publicado en 2000, recompilación de artigos aparecidos en El Compostelano). Mondoñedo Regreso al Pasado Recompilación de artigos en diversos medios de comunicación de Eduardo Lence-Santar e Guitián. Hai sete tomos. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía Os cronistas da cidade de Mondoñedo
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Mondoñedo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cronistas de Mondoñedo