Álvaro Miniño Rodríguez, nado en Oia en 1937 e finado en Pontevedra o 19 de marzo de 2010, foi un político galego.

Traxectoria En 1976 foi nomeado tenente de alcalde do concello de Oia. En 1978, foi designado alcalde en substitución de Manuel García Vázquez. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. A partir de 1983 pasou a encabeza-las candidaturas de AP (logo PPdeG) e manténdose na alcaldía con maioría absoluta como alcalde de Oia nas sucesivas eleccións sempre por maioría absoluta, ata que en 2003 optou por non presentarse á reelección e foi sucedido á fronte da candidatura popular e da alcaldía por Alejandro Rodríguez Rodríguez. Foi fundador e presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Oia

Categoría:Alcaldes de Oia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Oia Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes