Iñaki Perurena Gartziarena, nado en Leitza, Navarra o 23 de setembro de 1956,Iñaki Perurena: paradigma de la fuerza, la inteligencia y la caballerosidad vasca é un deportista navarro especialista na modalidade de deporte rural vasco de harri-jasotze. Tamén fixo incursións no eido cultural como poeta, escultor, actor e bertsolari. É membro da asociación cultural Nabarralde e publicou artigos na defensa da identidade de Navarra como eixe da nacionalidade vasca.

Tamén foi popular polo seu papel na serie de ETB 1 Goenkale, onde interpretou a Imanol. Na televisión tamén participou nos programas Euskal Herrian Barrena, Herriko Plaza e Piratak, entre outros.

Seu fillo, Inaxio Perurena, tamén se dedica a erguer pedras.

Como harri-jasotzaile, o seu récord de levantamento de pedra cunha man está fixado en 267 kg,Levantadores de piedra: más duros que la piedra pode levantar 320 kg de pedra utilizando ambas.Iñaxio Perurena llama a la puerta del club de los 300

Como recoñecemento pola súa carreira profesional foi galardoado coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo de Navarra.

miniatura|Iñaki canda seu fillo Inaxio (de costas) no 2008.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha de actor en IMDb

Perurena, Innzaki Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Leitza