Ana de Orleáns, nada en Woluwe-Saint-Pierre, Bélxica, o 4 de decembro de 1938, é unha princesa real de Francia da casa de Orleáns e Duquesa de Calabria por matrimonio; recibe o tratamento de Alteza Real.
Antepasados Ana de Orleáns é filla da súa Alteza Real o Príncipe Henrique de Orleáns, Conde de París e pretendente orleanista á coroa francesa, e da súa esposa, a súa Alteza Imperial e Real a Princesa brasileira Isabel de Orleáns-Bragança e Dobrzensky, Princesa de Orleáns-Bragança. Por vía paterna, é neta do Príncipe Xoán de Orleáns, Duque de Guisa, e da Princesa francesa Isabel de Orleáns-Bragança, mentres que, por vía materna, o era da súa Alteza Imperial e Real Pedro de Alcántara de Orleáns-Bragança, Príncipe de Grão-Pará, e da condesa checa Elisabet Marie Adelaide Dobrzenska de Dobrzenicz.
Matrimonio e fillos Os duques de Calabria coñecéronse durante a voda dos futuros reis de España, en 1962, en Atenas. Por entón, Ana de Orleáns era dama de honra da Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca mentres que don Carlos era compañeiro de estudos do que sería despois Xoán Carlos I.
O 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux, a princesa Ana casou con don Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, fillo do Infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón e da Princesa Alicia de Borbón-Parma. Actualmente, don Carlos goza do título de Infante de España por concesión do seu curmán, o rei Xoán Carlos I. A parella, establecida en Madrid, ten cinco fillos:
Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1966, casada con Pedro López-Quesada y Fernández-Urrutia e nai de dous fillos, Victoria e Pedro. María de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1967, casada co Arquiduque Simeón de Austria, e nai de tres fillos (Juan, Luis e Felipe) e de dúas fillas (Isabel e Carlota). Pedro de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, duque de Noto, n. 1968, casado con Sofía Landaluce y Melgarejo e pai de seis fillos: Jaime, Juan, Pablo, Pedro, Sofía, e Blanca. Inés de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1971, casada con Michele Carelli Palombi dei Marchesi di Raiano, e nai de dúas fillas, Tareixa e Branca. Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1976, casada co grego Markos Nomikos e nai de tres fillos, Anastasios, Carlos e Ana.
Ascendencia
Categoría:Familia real española Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Bruxelas