miniatura|Os 4 elementos clásicos. A historia da química é a historia, desde a antigüidade até os nosos días, da ciencia química e do seus precedentes filosóficos e pseudo e protocientíficos, en particular da alquimia. Está intrinsecamente ligada ao desenvolvemento da humanidade, xa que abarca todas as transformacións da materia e as teorías correspondentes.Taton, René (dir.) (1957):, Histoire générale des Sciences (t. 1 : La Science antique et médiévale; t. II : La Science moderne), PUF.Serge Hutin, L'alchimie, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 2005, páx. 110.

Historicamente, o estudo da materia fíxose desde dúas perspectivas diferentes: a tecnolóxica ou factual e a filosófica ou teórica: O coñecemento tecnolóxico ten a súa orixe no dominio do lume por parte do home e, polo que fai aos fenómenos químicos, procesos tales como a cocción de alimentos, a cerámica, a metalurxia, a fabricación do vidro, a preparación de medicamentos e remedios a partir de fontes naturais, a preparación de colorantes, de bebidas alcohólicas e vinagre etc. desenvolvéronse desde tempos prehistóricos no seo de diversas civilizacións.Science and Engineering Indicators 2006, National Science Board, National Science Foundation. Belief in Pseudoscience. André Pichot (1991): La Naissance de la science. Tome 1 : Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard. Con respecto ao coñecemento filosófico da materia, as primeiras teorías sobre a súa orixe e a súa constitución desenvolvéronas os filósofos gregos da antigüidade clásica, entre os que destaca Empédocles coa súa teoría sobre os elementos constituíntes da materia (terra, auga, lume e aire).

A ciencia química xorde antes do século XVII a partir da alquimia, protociencia (ou pseudociencia) moi popular entre moitos dos científicos da época.Francis Bacon réformateur de l'alchimie: tradition alchimique et invention scientifique au début du XVIIe siècle en CAT.INIST. Para máis datos sobre os autores de descubrimentos nos primeiros tempos da alquimia, pódese consultar a obra de Bernard Vidal, Histoire de la chimie, PUF, col. "Que sais-je?", Paris, 1985, e o sitio La Ligne du Temps de la Chimie .

Considérase que os principios básicos da química estableceunos por primeira vez Robert Boyle na súa obra The Sceptical Chymist (1661).Robert Boyle, Father of Modern Chemistry

A química como tal comeza a desenvolverse un século máis tarde cos traballos de Antoine Lavoisier que, xunto con Carl Wilhelm Scheele descobren o oxíxeno. Lavoisier, pola súa parte, propuxo a lei da conservación da masa e refutou a teoría do floxisto coa teoría da combustión.Bensaude-Vincent, B. (1993): Lavoisier, mémoires d'une révolution. Paris: Flammarion.

miniatura|Facendo lume por fricción.

Prehistoria O principio do dominio da química (que para algúns antropólogos coincide co principio do home moderno) é o dominio do lume. Hai indicios de que hai máis de 500.000 anos, en tempos do Homo erectus, algunhas tribos conseguiron este logro que aínda hoxe é unha das tecnoloxías máis importantes. Non só daba luz e calor nas noites de frío, senón que tamén axudaba a protexerse contra os animais salvaxes, e permitía a preparación de comida (cocción, asado), que reducía os microorganismos patóxenos e a facía máis facilmente dixeríbel. Así baixaba a mortalidade e melloraban as condicións xerais de vida.Perlès, C. (1977): Préhistoire du feu. Paris: Masson.

O lume tamén permitía conservar mellor a comida, especialmente a carne e os peixes, secándoos e afumándoos.

Finalmente, foi imprescindíbel para o futuro desenvolvemento da metalurxia, para a fabricación de materiais como os cerámicos e o vidro, ademais da maioría dos procesos químicos.

Idade Antiga

Antigo Exipto Comezou a extracción do ferro. Comezou a fabricación do vidro. Os exipcios descubriron o proceso de fermentación que lles permitiu producir cervexa. Comezaron a fabricar colorantes utilizados, sobre todo, para maquillaxes.

Antiga China Comezou a fabricación de porcelanas. Comezou a utilización da pólvora.

Grecia Antiga Empédocles teorizou que existen catro elementos: a auga, o aire, o lume e a terra, que se atraen ou se repelen. Platón retomou máis tarde esta teoría asociando estes catro elementos a formas xeométricas. O filósofo Anaxágoras viu o mundo en cambio perpetuo, sen creación nin destrución de materia pero con reordenacións das partículas elementais. Leucipo, e despois Demócrito, pensaron que a materia está composta de partículas elementais, os átomos.

A alquimia naceu en Alexandría contra o século IX a. C. Os alquimistas tentan conseguir ouro a partir de diversos metais. O seu obxectivo foi a fabricación da pedra filosofal, que transmutaría os metais en ouro e permitiría a preparación da panacea universal ou remedio universal. Os corpos clasificábanse en sólidos, líquidos e vapores e segundo a súa cor, e a análise da interacción entre eles era segundo leis de simpatía e de antipatía.

Cerámica e vidro na Idade Antiga miniatura|Vaso de vidro romano da segunda metade do século IV, achado en Colonia.miniatura|200px|Xerra de cerámica de Mesopotamia. Museo do Louvre, París.|esquerdaA cerámica e o vidro tiveron as súas orixes na prehistoria, cando o home descubriu que os recipientes feitos de arxila cambiaban as súas características mecánicas e incrementaban a súa resistencia fronte á auga cando se quentaban no lume.

Para controlar mellor o proceso desenvolvéronse diferentes tipos de fornos. No Antigo Exipto descubriuse que, recubrindo a superficie con mesturas de determinados minerais (sobre todo mesturas baseadas nos feldespatos e a galena), esta cubríase cunha capa moi dura e brillante, o esmalte, cuxa cor podía variarse engadindo pequenas cantidades doutros minerais ou mediante a modificación das condicións de aireación do forno. Estas tecnoloxías difundíronse rapidamente.Pichot, A. (1991): La Naissance de la science. Tome 1 : Mésopotamie, Égypte. Paris: Gallimard, ISBN 2-07-032603-9

Metalurxia na Idade Antiga miniatura|Lingote de cobre achado en Creta. miniatura|Machado duplo de bronce minoico. Creta. A metalurxia comezou co descubrimento do cobre; aínda que este metal exista na natureza como elemento químico (nativo), a maior parte áchase en forma de minerais como a calcopirita, a azurita ou a malaquita. Especialmente as últimas son facilmente reducidas a metal. Suponse que algunhas xoias fabricadas con algún destes minerais e caídas accidentalmente ao lume levaron ao desenvolvemento dos procesos correspondentes para obter o metal.Margueron, Jean-Claude (2002): "Los metales utilizados y su origen geográfico". Los mesopotámicos. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-1477-5 Este feito fixo que a humanidade pasase da Idade de Pedra á Idade do Cobre ou período calcolítico.

Despois, por experimentación ou como resultado de mesturas accidentais, descubriuse que as propiedades mecánicas do cobre podían mellorarse nas súas aliaxes. Especialmente tivo éxito a aliaxe do cobre co estaño, e pequenas cantidades doutros elementos como o arsénico, coñecida como bronce, que se conseguiu de forma aparentemente independente no Oriente Medio e na China, lugares desde os que se estendeu a case todo o mundo e que deu nome á Idade de Bronce.

Unhas das minas máis importantes da antigüidade de casiterita (mineral do que se extrae o estaño, esencial para a obtención desta aliaxe) achábanse nas denominadas illas Casitérides (quizais as illas Británicas ou as costas da Bretaña ou de Galicia), a onde se ía buscar desde o Mediterráneo. Orixinalmente o comercio foi dominado polos fenicios. Logo o control sobre este importante recurso probabelmente foi a razón da invasión romana destas afastadas rexións.

Os hititas foron un dos primeiros pobos en obter o ferro a partir dos seus minerais. Este proceso é moito máis complicado do que a obtención de cobre e bronce xa que require temperaturas máis elevadas e, polo tanto, a construción de fornos especiais. Porén, o metal así obtido era de baixa cualidade, cun elevado contido en carbono (ferro fundido ou fundición), polo que tiña que ser mellorado por diversos procesos de purificación, temple e forxado.

Alquimia antiga Os filósofos gregos Empédocles e Aristóteles pensaban que as substancias estaban formadas por catro elementos: terra, aire, auga e lume. Paralelamente, discorría outra teoría, o atomismo, que postulaba que a materia estaba formada por átomos, partículas indivisíbeis que se podían considerar a unidade mínima da materia. Esta teoría, proposta polo filósofo grego Leucipo de Mileto e o seu discípulo Demócrito de Abdera, non foi popular na cultura occidental dada a enorme influencia de Aristóteles na Europa antiga e medieval. Porén, tiña seguidores (entre eles Lucrecio) e a idea mantívose presente até o principio da Idade Moderna.

Entre os séculos III a. C. e o XVI d. C. a química estaba dominada pola alquimia. A alquimia representa o primeiro intento de conexión entre as tecnoloxías químicas e as especulacións filosóficas. A pesar da falsidade das súas ideas básicas (os seus principais obxectos de investigación eran, como vimos, a busca da pedra filosofal), e das frecuentes mistificacións con ideas relixiosas (o animismo e a astroloxía), a alquimia impulsou o desenvolvemento de novos produtos químicos e métodos para a separación de elementos químicos (o máis importante dos cales foi a destilación). Deste modo fóronse asentando os piares básicos para o desenvolvemento dunha futura química experimental.Hutin, Serge (2005): L'alchimie. Paris: PUF, col. "Que sais-je?"Francis Bacon réformateur de l'alchimie: tradition alchimique et invention scientifique au début du XVIIe siècle en CAT.INIST.

Idade Media miniatura|Laboratorio dun alquimista no Renacemento.

Civilización árabe A civilización árabe contou con alquimistas brillantes. Buscando ouro, traballaban sobre outras materias como, por exemplo, o ácido nítrico e confeccionan a destilación.

Occidente A alquimia apareceu en Europa a raíz das traducións de textos árabes. Ademais diso, adoptáronse numerosos termos árabes (por exemplo, álcali) que aínda hoxe se usan. Ademais da alquimia, outras disciplinas que poden considerase como fundamentos da química moderna e que tiveron un desenvolvemento importante ao longo da Idade Media e o Renacemento foron a iatroquímica e, como acabamos de ver, a metalurxia, a cerámica e a fabricación do vidro, que desenvolveron unha variedade de tecnoloxías artesás que facían uso de materiais inorgánicos, ás que podemos engadir a fabricación da pólvora.

Oriente Na China perfeccionáronse as tecnoloxías de fabricación de cerámicas até descubriren a porcelana no século VII. Durante séculos a China mantivo o monopolio na fabricación deste produto. Tan só no século XVIII Johann Friedrich Böttger reinventou o proceso na Europa.Needham, J. (1998): Science et civilisation en Chine. Picquier Philippe. (Versión resumida dos dous primeiros tomos). ISBN 978-2-87730-247-0

Relacionado co desenvolvemento da cerámica, aparece o desenvolvemento do vidro a partir de cuarzo e carbonatos de sodio ou de potasio. Comezou tamén no Antigo Exipto, e foi perfeccionado polos romanos.

Idade Moderna miniatura|O alambique, exemplo dun instrumento alquímico. Século XVI Paracelso, a través da súa práctica da medicina e as súas investigacións sobre os medicamentos, considérase como o precursor da química moderna.

A química como tal comenza a desenvolverse entre os séculos XVI e XVII. Nesta época estudouse o comportamento e as propiedades dos gases establecéndose técnicas de medición. Pouco a pouco foi desenvolvéndose e refinándose o concepto de elemento como unha substancia elemental que non podía descompoñerse noutras. Tamén nesta época desenvolveuse a teoría do floxisto para explicar os procesos de combustión.