As linguas formosanas son un grupo de linguas austronesias faladas polos habitantes aborixes de Taiwán. Actualmente só un 2% da poboación taiwanesa fala algunha destas linguas, polo que se encontran en perigo de extinción.

As linguas formosanas considéranse actualmente un grupo parafilético que conforma a base da familia austronesia, e suxírese que do grupo paiwánico se derivaron as linguas malaio-polinesias.

Así pois, pódense considerar as linguas formosanas como orixinarias das demais linguas austronesias. A poboación moderna de orixe chinesa comezou a súa inmigración polo 1650, falaban dialectos hakka e min do sur, os cales evolucionaron até converterse no actual taiwanés, pertencente á familia sino-tibetana.

Familia austronesia

As subfamilias austronesias pódense considerar formosanas. A seguinte clasificación segue o establecido pola Austronesian Basic Vocabulary Database e as subfamilias identifícanse coas cores do mapa:

Basay Kavalan Ketagalan

Cun 97% de confiabilidade na unidade do grupo. Thao (ou sao, brawbaw, shtafari) Chairego occidental Babuza (ou favorlang, taokas, poavosa) Popora-Hoanya Saisiyat Pazeh (ou kulun) Atayálico Atayal Seediq (ou truku ou taroko)

Sakizaya Nataorano (Amis Norte) Amis

Bunun (85%) Tsouic Tsou Saaroa Kanakanabu Rukai

Siraya

Puyuma O grupo malaio-polinesio e o paiwán forman unha unidade cunha confiabilidade do 75%. Paiwan (Sur de Formosa) Malaio-polinesio de grande extensión marítima/insular.

Notas

Categoría:Linguas de Taiwán