Julio Alén Montes é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Filosofía, é profesor de ensino medio. Foi concelleiro en Mondariz polo PPdeG e primeiro tenente de alcalde. O 27 de novembro de 2002 renunciou o alcalde Juan Reboreda Enríquez, e foi elixido alcalde na súa substitución. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde por maioría absoluta. Revalidou novamente a alcaldía por maioría absoluta en 2007, sendo elixido deputado provincial nese mandato. No 2011 resultou novamento reelixido por maioría absoluta.
Nas municipais de 2015 foi derrotado polo candidato de Alternativa por Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, quen o sucedeu na alcaldía. Nese mandato volveu a ser deputado provincial ata setembro de 2017, retirándose da primeira liña política ó final de dito mandato.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mondariz
Categoría:Alcaldes de Mondariz Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes