The Bloodhound Gang é unha banda estadounidense de rock cómico, sendo a base das súas cancións principalmente o humor. Foi fundada en Quakertown, Pensilvania, en 1992, por Jimmy Pop e Daddy Long Legs.
Historia En 1995, a discográfica Columbia ofrécelles un contrato e gravan o seu disco debut Use Your Fingers. É nesta época cando o grupo sofre cambios na súa formación; Daddy Long Legs abandona a banda, e no seu lugar entran Evil Jared Hasselhoff, baixista amigo da universidade de Jimmy Pop, Spanky G, batería que logo sería substituído por Willie The New Guy, e DJ Q-Ball, curmán de Jimmy Pop, que chegaría xa no segundo disco, One Fierce Beer Coaster, álbum se publicou a mediados de 1996, inicialmente sen demasiada repercusión. Non obstante, grazas á publicidade da MTV e das radios alternativas, o disco acaba sendo todo un éxito. Máis tarde, en 1999, publican o disco Hooray for Boobies, que se torna un éxito mundial incluíndo o número un "The Bad Touch". Por último, coa axuda da discográfica Geffen Records sacarán ao mercado o seu último traballo Hefty Fine, no ano 2005.
Discografía AnoÁlbumDiscográfica 1995 Use Your Fingers Columbia Records 1996 One Fierce Beer Coaster Republic Records 2000 Hooray for Boobies Interscope Records 2005 Hefty Fine Geffen Records 2011 Shows Us Your Hits Geffen Records
Integrantes Actuais Jimmy Pop - cantante principal, guitarra Daniel P. Carter - guitarra, coros Evil Jared Hasselhoff - baixo, coros DJ Q-Ball - turntables, coros The Yin - batería
Pasados Daddy Long Legs - coros Spanky G - batería Willie The New Guy - batería Lüpüs Thünder-guitarrista, coros
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Oficial de Bloodhound Gang MySpace de Bloodhound Gang Biografía en allmusic.com
Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de Pensilvania Categoría:Grupos musicais de rap rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1992