300px|miniatura|Tunísia (CIA - The World Factbook) A Tunisia é un pequeno país de 165 000 km², moito máis pequeno cós seus dous veciños, Alxeria e Libia. Tén un relevo relativamente contrastado segundo as rexións e unha fachada marítima importante (1300 km) principalmente orientada cara ao leste. A principal cadea de montañas, que atravesa o país en dirección suroeste - nordeste cara ao cabo Bon, é a Dorsal tunisiana que constúe o extemo oriental da cadea do Atlas. O seu cume máis alto é Djebal cambi (1544 m).

O seu clima está sometido a influencias mediterraneas e saharianas (notablemente o siroco, que é un vento relativamente caloroso e árido).

Un só curso de auga discorre de forma continua: o Madjerda, que desemboca no golfo de Tunes.

Principais cidades

Bizerte O Kef Beja Cartago Gabes Kairouan Mahdia Monastir Nabeul Sfax Souse Tunis (capital) Tozor

Outras cidades Bir Salah Douz El Jem Feriana Gafsa Kaserine Khereddine Ksouro Esaf A Maresa Matmata Nefta Sbeitla Tabarka Tataouine Zarzis

Illas Xerba