Fargo é un filme estadounidense dirixido polos Irmáns Coen que se estreou en 1996. Está protagonizado por Frances McDormand que interpreta a unha oficial de policía embarazada de Minnesota que investiga uns asasinatos cometidos nunha estrada. Estes asasinatos ocorren despois de que un vendedor de coches (William H. Macy) contrate a dous criminais (Steve Buscemi e Peter Stormare) para que secuestren á súa muller e poder extorsionar cun rescate ó seu rico sogro (Harve Presnell).
Estreouse en galego na TVG o 5 de setembro de 2008.
Sinopse Un home apoucado e tímido, casado coa filla dun millonario que lle impide desfrutar da súa fortuna, decide contratar a dous delincuentes para que secuestren á súa muller co fin de montar un negocio propio cos cartos do rescate. Pero, por unha serie de azarosas circunstancias, ó secuestro súmanse tres brutais asasinatos, o que obriga á policía a intervir.
Personaxes Frances McDormand como Marge Gunderson William H. Macy como Jerry Lundegaard Steve Buscemi como Carl Showalter Peter Stormare como Gaear Grimsrud Harve Presnell como Wade Gustafson Kristin Rudrüd como Jean Lundegaard Tony Denman como Scotty Lundegaard Larry Brandenburg como Stan Grossman Steve Reevis como Shep Proudfoot John Carroll Lynch como Norm Gunderson Steve Park como Mike Yanagita
Galardóns e nomeamentos 1996: 2 Oscars: Mellor actriz (Frances McDormand) e mellor guión orixinal. 7 nomeamentos. 1996: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo filme comedia ou musical, director. 1996: Festival de Cannes: Mellor dirección. Nomeada á Palma de Ouro. 1996: Premios BAFTA: Premio David Lean á dirección (Joel Coen). 1996: Premios Cesar: Nomeada ó mellor filme estranxeiro. 1996: 2 premios National Board of Review: Mellor actriz (Frances McDormand), director 1996: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fargo (serie de televisión) Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Joel e Ethan Coen Categoría:Filmes de PolyGram Filmed Entertainment Categoría:Filmes rodados en Minnesota Categoría:Filmes de Working Title Films Categoría:Filmes de Gramercy Pictures Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes ambientados en 1987 Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1996 con versión en galego