Julia Rodríguez Barreira, nada en Monforte de Lemos en 1966, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, traballa como avogada en Monforte. En 2011 presentouse como cabeza de lista do PPdeG ás eleccións locais en Monforte de Lemos, pero non conseguiu a alcaldía e tivo que conformarse con ser a voceira da oposición. Meses máis tarde figurou como número tres das listas do Partido Popular ao Senado pola provincia de Lugo e foi elixida como senadora. Renunciou como senadora en decembro de 2012 para ser deputada no Parlamento de Galicia.

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado Ficha no Parlamento de Galicia juliarodriguez2011.wordpress.com, blog persoal.

Categoría:Concelleiros de Monforte de Lemos Categoría:Senadores por Lugo Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes