Joachim Ringelnatz, pseudónimo de Hans Bötticher, nado en Wurzen o 7 de agosto de 1883 e finado en Berlín o 17 de novembro de 1934, foi un poeta e pintor alemán.
Traxectoria O seu alcume literario procede da forma dialectal Ringelnatz que fai referencia á estándar Ringelnatter (un tipo de cobra acuática bastante común na xeografía europea). Foi mariñeiro na primeira guerra mundial nun dragaminas alemán, e durante os anos vinte e trinta viviu do cabaré. As súas composicións poéticas distínguense polos seus xogos de palabras e aproxímanse á poesía sen sentido con carácter satírico e por veces subversivo. A súa creación máis coñecida é o mariñeiro anarquista Kuddel Daddeldu coas súas falcatruadas de borracho e desprezo pola autoridade.
Nos seus derradeiros anos de vida centrouse no rol de artista visual. En 1933 o réxime nazi inseriu o seu nome nas listas de artistas dexenerados prohibidos en Alemaña. Durante a segunda guerra mundial a súa obra deuse por perdida pero unha vez finalizada sóubose que sobreviviran 200 das súas obras gráficas.
Obras 1910 Gedichte 1911 Was ein Schiffsjungen-Tagebuch erzählt 1912 Die Schnupftabak dose. Stumpfsinn in Versen und Bildern von Hans Bötticher und Richard Seewald 1913 Ein jeder lebt's. Novellen (Reconstrución dixital: UB Bielefeld) 1920/1923 Turngedichte 1920 Kuttel Daddeldu oder das schlüpfrige Leid 1921 Die gebatikte Schusterpastete 1922 Die Woge. Marine-Kriegsgeschichten 1923 Kuttel Daddeldu (Reconstrución dixital: Kuttel Daddeldu. Neue Gedichte der erweiterten Ausgabe, digitale Rekonstruktion einer Ausgabe von 1924/ UB Bielefeld) 1924 ...liner Roma... Mit 10 Bildern von ihm selbst. 1924 Nervosipopel. Elf Angelegenheiten 1927 Reisebriefe eines Artisten 1928 Allerdings (Reconstrución dixital: UB Bielefeld) 1928 Als Mariner im Krieg (baixo o pseudónimo Gustav Hester) 1928 Matrosen. Erinnerungen, ein Skizzenbuch, handelt von Wasser und blauem Tuch 1929 Flugzeuggedanken 1931 Mein Leben bis zum Kriege (Autobiografía) 1931 Kinder-Verwirrbuch mit vielen Bildern [neu 2006, Wegberg: Aurel Verlag, ISBN 3-938759-04-6] 1932 Die Flasche und mit ihr auf Reisen 1932 Gedichte dreier Jahre (Reconstrución dixital: UB Bielefeld) 1933 103 Gedichte (Reconstrución dixital: UB Bielefeld) 1934 Gedichte. Gedichte von einstmals und heute
Póstumas 1935 Der Nachlaß 1939 Kasperle-Verse
Véxase tamén Ligazóns externas Web dedicada a Joachim Rigelnatz .
Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Poetas de Alemaña Categoría:Nados en Wurzen Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Pintores do século XX