Esparís é un lugar da parroquia de Viceso no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Tiña 44 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE,Instituto Nacional de Estadística dos cales 21 eran homes e 23 eran mulleres.
O topónimo decidiuse oficializar co seu seseo característico, ao igual ca moitos topónimos rematados en -iz/-ís do bloque occidental do dominio lingüístico galego. Existen outros dous Espariz: un que conforma a parroquia do mesmo nome no concello portugués de Tábua, e mais o lugar de Espariz, na parroquia de Doncos (As Nogais).
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Viceso
Parroquias de Brión
Categoría:Lugares de Brión