Xosé Luís Armesto Barbeito, nado na Coruña, é un químico e profesor universitario galego.

Traxectoria Doutor en Química, ten un mestrado en Ciencias e enxeñaría ambientais. Armesto é autor de diversas publicacións sobre a química de compostos N-halo e procesos de degradación química e fotoquímica de herbicidas e praguicidas.

É catedrático de Química-Física na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. Foi director do Colexio Universitario da Coruña e decano da Facultade de Ciencias. En 2004 accedeu ao cargo de vicerreitor de profesorado no equipo reitoral de José María Barja e en 2011 presentouse el mesmo ao reitorado como continuador do equipo reitoral saínteWeb da campaña .. Na primeira volta das eleccións, celebrada o 1 de decembro de 2011, Armesto conseguiu 1.676 votos ponderados, o que representa un terzo do electoradoArmesto y Castedo serán los candidatos a la segunda vuelta en las elecciones a rector de la UDC, La Voz de Galicia, 30/11/2011., e que lle permitiu o pase á segunda volta contra Luís Castedo Ribas. Na segunda volta, celebrada o 13 de decembro de 2011, Armesto impúxose a Castedo e alcanzou o reitorado cun 51,2 %.Resultados do escrutinio , web da UDC. En 2025 dooulle á Universidade da Coruña un piso da súa propiedade para crear o premio As Mariñas Douradas de loita contra o cambio climático en Galicia. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista no xornal Praza Pública a cargo de Marcos Pérez Pena o 9 de febreiro de 2012 . Entrevista ao persoeiro .

Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Reitores da Universidade da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido