Buck é un cráter complexo dentro da rexión de Navka do planeta Venus. Foi mapeado pola sonda Magallanes no ano 1990 e está situado nas coordenadas 5,7° S 349,6° E. O cráter ten 22 km de diámetro e posúe paredes con chanzos, un chan liso e escuro ó radar, ademais dun prominente pico central que fai que este cráter sexa clasificado coma complexo. O tamaño do pico central é dun tamaño infrecuentemente grande en relación ó diámetro do cráter. Depósitos semellantes ós das coladas de lava esténdense máis aló dos límites da crista do volcán, sobre todo en dirección oeste e suroeste. De xeito semellante a moitos dos cráteres mapeados até o de agora pola sonda Magallanes, este cráter ten un halo escuro ó radar que o rodea por completo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cráter de impacto Barton

Categoría:Cráteres de impacto de Venus