Jesús Orgeira Muíño, nado en 1943 e finado o 20 de xaneiro de 2011Hallan muertos en su domicilio a un ex alcalde de Cerceda y a su mujer, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Nas eleccións municipais de 1983 formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Cerceda, encabezada por Fernando Martínez González, e foi elixido concelleiro. Mantívose na oposición ata que en decembro de 1985 foi elixido alcalde logo da dimisión do aliancista Manuel Barreiro Espasandín, tras lograr o apoio dos concelleiros electos nas listas do PGI (nese momento integrados en Coalición Galega) e outro concelleiro independente integrado nas filas socialistas. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 1992 seis dos concelleiros do PSdeG-PSOE e un do PPdeG presentaron unha moción de censura contra el por favorecer supostamente a unha empresa da súa propiedade e foi substituído na alcaldía polo seu ata entón compañeiro Fernando Martínez González. A finais de 1994 resultou inhabilitado xunto con Martínez González. En 1995 fundou o PINCE, o cal encabezou seu fillo e logrou 1 concelleiro. En 1999 concorreu xa como candidato do PINCE e logrou 1 concelleiro, ó igual que no 2003 á fronte do CDI. En 2004 foi condenado xunto con Fernando Martínez González por un delito de falsidade electoral cometido en 1986. En 2007 retirouse definitivamente da política e apoiou a candidatura do alcalde socialista José García Liñares.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cerceda
Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia Artigo en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Cerceda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia