Manuel García Montero, nado en Cenlle o 23 de maio de 1937, é un mestre e político galego do PPdeG.
Traxectoria Mestre, foi director do Colexio de Cenlle. Foi nomeado alcalde de Cenlle en 1969. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, primeiro por Coalición Galega, despois por Centristas de Galicia e finalmente polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. En 2011 decidiu non volver presentarse ás eleccións. É presidente do Consello Regulador da denominación de Orixe O Ribeiro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cenlle
Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cenlle Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cenlle Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes