Aurelia é un cráter complexo do planeta Venus, situado nas coordenadas 20,3° N 331,8° E. O cráter ten 31 km de diámetro e posúe paredes con chanzos, un chan moi brillante visto polo radar (algo moi infrecuente nos cráteres de Venus) e un pico central segmentado en varias partes, todas estas características fan que este cráter sexa clasificado coma complexo. Tamén cabe subliña-los regueiros (moi brillantes tamén) en forma de lóbulos, así coma os terreos escuros ó radar que rodean (case por completo) a todo o complexo do cráter. O nome do cráter recibiu o nome da nai de Xulio César, Aurelia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cráter de impacto Barton (cráter) Adivar (cráter)
Categoría:Cráteres de impacto de Venus