Popular Songs é o décimo segundo álbum da banda de rock alternativo estadounidense Yo La Tengo, editado o 8 de setembro do 2009, É o seu sétimo álbum lanzado a través de Matador Records.
O director John McSwain realizou cinco vídeos para cancións do disco. Nas semanas previas ao lanzamento do álbum, un novo vídeo foi posteado en varias páxinas "amigas" de Matador e recompiladas na propia páxina do selo. O primeiro vídeo, para "Here to Fall", foi posteado no propio "Matablog" de Matador Records o 28 de xullo do 2009.
O álbum foi filtrado a Internet o 26 de xullo; como resposta, Matador o puxo en streaming para os seus clientes do programa Buy Early Get Now o 28 de xullo, máis dunha semana antes da orixinal data de streaming.
Listaxe de cancións "Here to Fall" - 5:45 "Avalon or Someone Very Similar" - 3:17 "By Two's" - 4:29 "Nothing to Hide" - 2:46 "Periodically Double or Triple" - 3:53 "If It's True" - 2:39 "I'm on My Way" - 4:35 "When It's Dark" - 3:54 "All Your Secrets" - 4:26 "More Stars Than There Are in Heaven" - 9:39 "The Fireside" - 11:25 "And the Glitter Is Gone" - 15:54 "You've Got a Friend" - 4:10 (canción extra en iTunes)
Categoría:Álbums de Yo La Tengo Categoría:Álbums musicais de 2009