Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido como Pichurri, nado en Camariñas en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Fotógrafo e axente de seguros, foi concelleiro de Camariñas polo PTG nas primeiras eleccións democráticas. Ingresou no PSdeG-PSOE en 1980, e por esa formación foi concelleiro entre 1991 e 1996, cando dimitiu. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Camariñas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 2011 foi imputado por suposta negociación prohibida a funcionarios. Volveu ser reelixido no 2015 con maioría absoluta. O 24 de agosto de 2018 presentou a súa dimisión pasando a ser alcaldesa a número 2, Sandra Ínsua.
Dez anos máis tarde, en novembro de 2021, foi condenado a inhabilitación por xestionar para o concello pólizas de seguro dende a súa empresa, Pichurri SL.
Vida persoal
Casou coa tamén fotógrafa María del Carmen Freire Ramos.
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Camariñas
Ligazóns externas Entrevista Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Camariñas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes