Os eslavos meridionais (ou eslavos do sur, ou sudeslavos) son a ramificación do sur dos pobos eslavos que viven nos Balcáns: Bulgaria e os países da antiga Iugoslavia.
Orixe dos eslavos
Pouco é o que se coñece sobre a orixe e as primeiras etapas da historia dos pobos eslavos. A súa historia antes do século V só pode ser presumida por estudos arqueolóxicos e lingüísticos do preindoeuropeo. Gran parte do que sabemos acerca da súa historia despois do século VI procede de obras de historiadores bizantinos.
Na súa obra De Bellis, Procopio (ca. 500 – ca. 565) retrata os sclavini (supostos eslavos) como individuos infrecuentemente altos e fortes, cunha pel bronceada e o pelo rubio (avermellado), que tiñan unha vida accidentada e primitiva, vivindo en chouzas, adoito moi distantes unhas das outras e cambiando a miúdo o seu lugar de residencia. Non eran gobernados por un único líder, pero durante moito tempo vivían nunha "democracia".
Xoán de Éfeso (ca. 506 - 585), na súa Historia eclesiástica, retrata os eslavos como persoas extremadamente violentas.<ref>Xoán de Éfeso, Historia eclesiástica, VI. 25, século VI: Ese mesmo ano, sendo o terceiro despois da morte do rei Xustino, foi famoso tamén pola invasión dun pobo maldito, chamado eslavonios, que invadiron toda Grecia e o país dos tesalonicenses e toda Tracia, e capturaron as cidades, e tomaron numerosas fortalezas, devastado e queimando todo e reducindo ao pobo á escravitude, e fixéronse os donos de todo o país, e asentáronse nela pola forza e habitaron nela como se fpra a sía propia. Agora xa transcorreron catro anos e aínda así permanecen, porque o rei se dedica á guerra cos persas e enviou todas as súas forzas cara ao leste, e viven con facilidade na terra e moran nela e estendéronse amplamente en canto Deus o permite e arrasan e queiman e toman cativos. E a tal punto levan os seus estragos, que incluso subiron á muralla exterior da cidad e fixeron fuxir aos rabaños de cabalos do rei, a miles de persoas e todo o que puideron encontrar. E incluso hoxe en día, sendo o ano 895 (584 d.C.), aínfa acampan e moran alí e viven en paz nos territorios romanos, libres de ansiedade e de medo, e levan a cativos, e matan, e queiman..."</ref> Esta información é desmentida no traballo Strategikon, tratado da arte miliitar redactado polo emperador bizantino Mauricio I (539 - 602), que describe os eslavos como un pobo numeroso pero desorganizado e sen líder, resistente ás adversidades e que non permitía que fosen escravizados nin conquistados. A falta de comprensión pode ser atribuída á sucesión matrilineal practicada entre os eslavos do sur.Aron, Albert William (2012): Traces of Matriarchy in Germanic Hero-Lore, Volume 9. General Books. ISBN 978-1-130-21407-9. pp. 13–14.Marilyn French, Marylin (2002): From Eve to Dawn: Revolutions and the struggles for justice in the 20th century. Toronto: McArthur. ISBN 978-1-9586-1564-7.
Construían as súas casas en bosques, nas beiras dos ríos e en terras húmidas.Fouracre, Paul, ed. (2005): The New Cambridge Medieval History. Volume 1. c. 500 – c.700. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-36291-7.
Xordanes afirma que os eslavos "teñen as súas patrias no Danubio, non lonxe da beira norte". Informacións posteriores sobre os primeiros Estados eslavos e a interacción dos eslavos cos gregos proveñen da obra De Administrando Imperio ("Sobre a administración do Imperio") do emperador Constantino VII Porfiroxénito (905 - 959), as compilacións Os milagres de San Demetrio,Os milagres de San Demetrio, tamén coñecido polo seu título en latín Miracula Sancti Demetrii, é unha colección do século XVII de homilías, escrita en grego, que conta os milagres realizados polo santo patrón de Tesalónica, San Demetrio. É unha obra única para a historia da cidade e dos Balcáns en xeral, especialmente en relación coas invasións eslavas de finais do século VI e o século VII, que non se relatan nas fontes contemporáneas. a Historia de Teofilacto Simocatta e os Annales Regni Francorum ("Anais do Reino dos Francos").Annales Regni Francorum é unha obra que describe as accións dos gobernantes francos nun período que vai desde 741 (ano da morte de Carlos Martel) a o ano 829.
A partir das fontes clásicas e das evidencias arqueolóxicas, formuláronse diversas hipóteses algo vagas que sitúan o seu hábitat primitivo nalgún punto das vastas chairas que se estenden entre os ríos Elba e Dniéper. Arqueólogos polacos e checos localizan o seu berce nun amplo espazo da Europa oriental, limitado de oeste a leste polo Vístula e o Dniéper e, ao sur, polos contrafortes setetrionais dos Cárpatos. Alí, ao longo da Idade de Bronce, as xentes da cultura de Trzciniec e da súa sucesora, a puxante cultura lusaciana dos Campos de Urnas, configuraran un substrato étnico no que, conforme a estas teses, sería posíbel rastrexar a orixe dos pobos eslavos.Fine, (1983). pp. 63-83.
A idea de que os pobos eslavos teñen moito en común, canto ás súas orixes, a orixe das súas linguas e dalgúns aspectos culturais, derivan máis ben do nacionalismo romántico, do paneslavismo e da noción de raza como unha base biolóxica para as nacións, aínda que moitas semellanzas histórico-xenéticas, xeo-culturais e fonético-idiomáticas foron comprobadas por moitos estudos sobre os pobos protoindoeuropeos.
Migracións miniatura|300px|Expansión dos pobos eslavos. miniatura|300px|Países actuais de maioría eslava e co polo menos unha lingua eslava como lingua oficial.
A chegada das invasións escitas desde Ucraína, no século VIII a.C., propiciaría a emigración dalgúns grupos, tanto cara ao oeste, até contactar cos xermanos na rexión do río Elba, como cara ao leste, cara ás concas do Dnister e o Pripiat, onde se converteron en veciños de escitas e sármatas, pobos nómades das estepas do sur da actual Rusia.
Os especialistas aprecian nestes primitivos eslavos orientais fortes influencias helenas e iranias, procedentes dos contactos cos seus veciños nómades e, a través deles, coas colonias gregas do mar Negro. As conxecturas sobre este proceso foron tan variadas como, en xeral, carentes de base.
Pero sexa cal for a orixe dos eslavos, o certo é que, nos primeiros séculos da nosa era, constituían un conxunto de tribos sedentarias, denominadas no século I por Plinio o Vello e Tácito veneti (vénetos), que falaban unha mesma lingua e compartían un similar grao de desenvolvemento cultural, e cuxa organización social estaba abandonando a etapa xentilicia para dar paso a unións territoriais máis ou menos estábeis, nas que o goberno das asembleas tribais perdía terreo en beneficio dos xefes militares e dunha aristocracia terratenente favorecida pola lenta introdución do sistema escravista.
A partir do século III o ámbito eslavo foi sacudido polos grandes movementos migratorios que alteraron profundamente a face de Europa. Primeiro foron os xermanos, un de cuxos pobos, o ostrogodo, emigrara á rexión do Vístula e despois á Rusia meridional. Baixo o reinado de Hermanarico os ostrogodos someteron ás tribos eslavas da rexión.
No ano 375 os hunos, nómades de orixe turco-mongol que acababan de atravesar os Urais procedentes da Siberia meridional, destruíron o reino xermano e estableceron sobre as súas ruínas un novo imperio que alcanzaría o seu apoxeo con Atila, a mediados do século V, para desaparecer rapidamente á súa morte. Os movementos de pobos desencadeados por estas invasións afectaron aos eslavos, que iniciaron unha lenta diáspora. Neste pobos eslavos pódense distinguir tres grupos:
Eslavos occidentais, formado polos checos, moravos, casubios, eslovacos, sorbios, liutiches, pomeranios, mazovianos, vistulianos, polacos e silesios, grupo que se trasladou cara a occidente, instalándose na zona que ocupaba o río Danubio ao sur, o río Vístula ao leste, o río Elba e o mar Báltico, ao oeste do actual límite coa fronteira entre Estonia e Lituania, ao norte. A principios do século VII formaran varios reinos, entre os máis antigos a Gran Moravia. Máis tarde "os países da Coroa Checa" ou Polonia están entre os reinos máis poderosos nesta rexión. Eslavos orientais, que ocupaban as rexións das chairas das actuais Ucraína e Rusia, chegando polo norte até o lago Ladoga, polo leste até Moscova e polo oeste ata as fronteiras dos actuais estados de Letonia, Lituania e Estonia. Este era o grupo máis numeroso e estaba constituído polos volinios, polianos, drevlianos, dregoviches, radimiches, viatiches e severianos, que formarían, coas súas unións, os pobos ruso, ucraíno e belaruso, mesturándose cos normandos (varegos ou varengos, outro nome para os viquingos). Eslavos meridionais, que se estableceron na zona dos Balcáns: croatas, serbios, eslovenos, búlgaros, macedonios e os (poucos) eslavos de Albania. Alí se encontrarían cos protobúlgaros cos que se mesturaron parcialmente. Deles nacerían os estados de Bulgaria, Serbia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Montenegro.Encyclopædia Britannica. "Slav (people)". Na actiualidade, cunha poboación próxima aos 35 millóns, o grupo inclúe a búlgaros e macedonios ao leste, e serbios, croatas, bosníacos, eslovenos e montenegrinos polo oeste.
Historia dos eslavos do sur dereita|miniatura|Mapa físico do Reino de Iugoslavia (1929-1941). dereita|miniatura|Banovine (provincias) do Reino de Iugoslavia en 1929. miniatura|dereita|Mapa das Repúblicas integrantes da República Federal Socialista de Iugoslavia (1963-1992). 1. República Socialista de Bosnia e Hercegovina, capital Saraxevo;2. República Socialista de Croacia, capital Zagreb;3. República Socialista de Macedonia, capital Skopje;4. República Socialista de Montenegro, capital Titograd;5. República Socialista de Serbia, capital Belgrado,que incluía: 5a. Provincia Autónoma Socialista de Kosovo, capital Priština 5b. Provincia Autónoma Socialista de Vojvodina, capital Novi Sad;6. República Socialista de Eslovenia, capital Liubliana. dereita|miniatura|300px|A desintegración de Iugoslavia.Serie animada de mapas na que se mostra a desintegración de Iugoslavia; as diferentes cores representan as áreas de control. miniatura|300px|Iugoslavia durante a guerra (situación en 1993). miniatura|300px|A antiga Iugoslavia en 2006.
A rápida e dramática desaparición do estado iugoslavo a finais do século XX -e da que aínda perduran flocos no XXI- causou unha fonda conmoción en todo o mundo, pero especialmente en Europa onde, para moitas persoas, era complicado entender como se puideron dar tales sucesos no culto e civilizado continente de finais de século.
Comprender estes feitos non é doado, porque na maioría do material dispoñíbel fálase de Iugoslavia unicamente como o estado europeo que existiu desde os tratados que puxeron fin á Primeira guerra mundial até a súa desaparición, o ano 2003, en que pasou a denominarse Serbia e Montenegro.
Para poder interpretar o sucedido hai que rastrexar na historia de Europa, xa que o termo Iugoslavia non se refire só ao estado citado, senón que é unha denominación de carácter cultural e xeográfica (a parte occidental da península Balcánica onde viviron, e viven, os eslavos do sur, que iso é o que significa o termo (Iugoslavia, en croata, serbio latino e esloveno Jugoslavija, en macedonio e serbio cirílico Југославија, tradúcese literalmente como Eslavia do sur ou país dos eslavos do sur).
Despois da morte do mariscal Tito en 1980, e no medio dunha grave crise económica, as tensións entre os pobos do país medraron. Despois do ascenso de partidos nacionalistas ao poder en Serbia, dúas das súas repúblicas constituíntes (Eslovenia e Croacia) declararon a súa independencia en 1991, ás que seguirían a República de Macedonia e Bosnia e Hercegovina o ano seguinte, non sen resistencia por parte de Serbia. En 1991 a tensión entre as diferentes repúblicas derivou no sanguento conflito coñecido como guerra de Iugoslavia (ou guerras iugoslavas).