Vilar de Costoia é un lugar da parroquia de Porzomillos no concello coruñés de Oza Cesuras na comarca de Betanzos. Tiña 166 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales eran 85 homes e 81 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 142 habitantes. Toponimia O topónimo Vilar de Costoia ten dous elementos. Vilar en orixe nomeaba unha explotación agrícola nos límites dunha vila, ou en terreos que foran ermos ou ganados ao monte, mentres que Costoia (derivado do latín ) se refire a un lugar elevado ou atalaia desde onde vixiar o territorio.

Notas

Lugares e parroquias Lugares da parroquia de Porzomillos

Parroquias de Oza Cesuras

Vilar de Costoia